Redes sociais para empresas: vantaxes e riscos

En outubro falamos con Merchi, de Hostal e Apartamentos Rodeiramar, sobre como os axudaron as redes sociais na súa empresa. 1 de cada 4 empresas galegas xa está nas redes sociais; para os que aínda non vos atreverades repasamos a lista de vantaxes e riscos que nos suxiren dende redespymes.com.

Unha empresa debe comunicar en Internet e en redes sociais para promocionar a súa imaxe e os seus produtos, entre outras vantaxes:

  • Pasamos cada vez máis tempo en redes sociais e as redes sociais chegan a perfís de poboación cada vez máis variados. Xa non tes excusa para non comunicar en Facebook ou Twitter.
  • Non é a primeira vez que oídes que “as empresas teñen que estar en redes sociais para conversar cos seus clientes”. E é certo. Podemos propoñer, escoitar, resolver dúbidas…
  • Visibilidade. Fundamental para conseguir ventas a través da rede. Aínda que os clientes potenciais estean ao lado da porta do noso negocio é probable que nos busquen a través do móbil. E deberían atopar información interesante para que se decidan a entrar.
  • Conseguimos levar “clientes” á web. Ou á tenda online. Se os vosos seguidores viron algo interesante no voso blog ou nas páxinas de redes sociais, aumentan as posibilidades de que merquen algún dos vosos produtos ou contraten algún dos servizos que ofrecedes.

Pero non todo son vantaxes. Tamén hai algúns riscos que temos que ter en conta. Aínda que máis que riscos son precaucións que debemos tomar para comunicar en redes sociais:

  • Non vale inventar servizos nin vender produtos defectuosos ou cun prezo excesivo. A consecuencia son os comentarios e as críticas compartidos entre seguidores e potenciais clientes.
  • Críticas merecidas…, e inmerecidas. Seguro que escoitastes falar dos trolls: usuarios que se adican a “animar” a rede cos seus comentarios. A calidade dos produtos e servizos que ofrecedes e a opinión da maioría de usuarios farán que as consecuencias negativas para vós sexan mínimas.
  • Redes sociais para comunicar e responder. Se non contamos coas ferramentas e o persoal adecuados, é mellor non comunicar en medios sociais. Que imaxe se traslada da empresa cando non se responde a unha dúbida?
  • Visibles…, para a competencia. Como sempre recomendamos, cómpre coidar que compartimos en redes sociais porque, entre outras cousas, podemos chegar a compartir datos importantes da empresa coa competencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.