Redúcese a fenda tecnolóxica entre rexións

O Osimga (Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia) publicaba en xullo os principais resultados do informe de Penetración Rexional da Nova Economía 2015, proxecto a cargo do Centro de Predicción Económica (CEPREDE). O estudo proporciona dous indicadores que permiten coñecer o uso e difusión das TIC nas rexións españolas.

informeCEPREDE

Con respecto ao indicador ISNE, que mide a innovación tecnolóxica, a penetración en fogares e empresas e a interactuación destes coa Administración pública, cinco comunidades están por enriba da media nacional: Madrid, Navarra, País Vasco, Cataluña e Aragón. Tras elas sitúanse Cantabria, Comunidade Valenciana, A Rioxa, Galicia, Andalucía e Asturias. Con valores inferiores aos 90 puntos están comunidades como Castela e León ou Baleares.

Destaca a continuidade do proceso de converxencia de moitas das rexións, cun crecemento TIC da media nacional do 7,2% no período 2005-2015. Galicia ten unha evolución dos indicadores tecnolóxicos na economía por enriba do 8%.

Segundo os datos do último estudo do Ceprede, a fenda tecnolóxica entre rexións reduciuse 28 puntos dende o 2005. Para chegar a estas conclusións analízanse o número de fogares con banda larga, a cantidade de compradores a través de internet ou as empresas que ofrecen aos seus traballadores formación online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.