Sabías que o Día das Letras Galegas tamén é o Día de Internet?

Dende o ano 2006, o noso Día das Letras Galegas coincide tamén co día de Internet, a iniciativa da Asociación de Usuarios de Internet.

Esta efeméride pretende dar a coñecer as posibilidades das novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e dos seus cidadáns.

Un dos aspectos claves do día de internet é a liberdade de cada colectivo para decidir que fai, como o fai e a quen dirixe as súas actuacións. Todos poden decidir o seu grao de implicación e a todos se lles recoñece a mesma importancia.

Queres saber máis? Entra en diadeinternet.org

As letras galegas

manuel mariaPara a edición 2016, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas é o poeta Manuel María, o poeta chairego que, alén da súa calidade literaria e o prolífico da súa obra, amosou un compromiso absoluto coa cultura, coa sociedade e coa nosa lingua.

A Fundación Manuel María encargarase de organizar as actividades de carácter cultural destinadas a divulgar a obra literaria e o perfil humano do escritor por medio de conferencias, recitais poéticos e mesas redondas, entre outras.

No portal da Lingua tes máis información sobre os actos programados, onde está dispoñible un repositorio con recursos e materiais didácticos e dixitais sobre o autor homenaxeado que se irán completando de xeito paulatino e que se suman a outras actividades programadas na Rede de Dinamización Lingüística ou na Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta.

Dende este espazo animámoste a que mañá lle rindas homenaxe a Manuel María… na Internet, unha bonita forma de celebrar dous días grandes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.