Sorprende á túa nai cun agasallo tecnolóxico este domingo

Este domingo tes unha cita especial coa túa nai. Ou pode que ti tamén o sexas e estás esperando unha felicitación por ser nai. Sexa como sexa, aquí tes algunhas ideas para o primeiro domingo de maio.

Unha carcasa para móbil personalizada

Fonte: regalooriginal

Fonte: regalooriginal

Se a mamá á que queres agasallar ten smartphone, ha de precisar unha funda. Unha carcasa personalizable daralle un carácter único e un recordo que non esquecerá. Unha fotografía de seu/s fillo/s no trebello que máis emprega é un estupendo regalo.

Unha taza que cambia de debuxo

tazacolorO truco está na temperatura do líquido que conteña. Así, unha árbore pode florecer con auga quente, ou poden aparecer mensaxes que inicialmente estaban ocultas ao verquer auga quente para facer unha infusión. Un agasallo que non deixa a ninguén indiferente.

Unha taza magnética                                         

taza-imantada-letras
Unha variante da taza anterior. Amosa as mensaxes con imáns con forma de letras que se adhiren á superficie metálica da taza.

Un bolígrafo para papel… e para Tablet!      

boligrafo-tablet-marlo

Por un lado, tinta para escribir notas analóxicas; polo outro, material que recoñecen as pantallas táctiles para poder escribir notas dixitais. Un trebello que recolle o mellor dos dous mundos – analóxico e dixital – das notas.

E ti, xa decidiches que regalarás o domingo que ven?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.