STAMAR reúne a centros tecnolóxicos e pemes do sector do transporte marítimo para falar de solucións TIC

STAMAR

Mañá no CDTIC terá lugar unha xornada de co-creación para promover o diálogo entre os centros tecnolóxicos e as pemes do sector do transporte marítimo e da náutica, para impulsar novas ideas e solucións tecnolóxicas.

É a primeira xornada de co-creación dirixida ao sector do transporte marítimo e náutico que se desenvolve no marco do proxecto europeo STAMAR, liderado pola Xunta a través da Amtega. Conta coa particpación da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e de 7 entidades de referencia no eido da transferencia tecnolóxica, a innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

A cita será no Centro Demostrador TIC entre as 9:30 e as 14:00. Os interesados poden inscribirse no 981 552 059 ou a través do correo stamar-xornadas@xunta.es. O obxectivo é intercambiar ideas para mellorar a competitividade das empresas galegas.

Ese é tamén o obxectivo de STAMAR, iniciativa da que xa vos falamos en Xente Dixital que busca mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico. A idea é crear un centro transnacional demostrador das capacidades e tecnoloxías aplicables á industria marítima que favoreza os procesos de transferencia tecnolóxica.

STAMAR prioriza as tecnoloxías que favorecen o desenvolvemento económico e comercial, preservando a biodiversidade e coidando o desenvolvemento sostible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.