Talento nacional que medra no Reino Unido

talentum-startups

MediaTek, líder mundial en fabricación de semicondutores e Telefónica, anunciaban en xullo a súa colaboración no programa Telefónica Labs. O acordo permitiu que 10 estudantes de enxeñaría españois estean a traballar nas oficinas de I+D que MediaTek ten en Cambridge, no Reino Unido, ata decembro deste ano.

Un lab é unha célula de innovación temporal formada por equipos multidisciplinares que traballan na resolución de desafíos tecnolóxicos no marco da revolución dixital. Os labs están vinculados co programa Talentum que forma parte da iniciativa de innovación Telefónica Open Future. Xa sabedes que este programa está presente en Galicia con Galicia Open Future.

Os participantes deste lab desenvolverán distintas tarefas, dende o desenvolvemento de demos para ferias ata traballar en novos prototipos para IoT e wearables, pasando pola creación de aplicacións para Android ou o desenvolvemento de contidos en castelán e inglés. É a primeira vez que un lab se desenvolve fóra de España.

MediaTek vai permitir que estudantes españois traballen e se formen no estranxeiro. Podedes consultar máis información na web talentumstartups.com ou en labs.mediatek.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.