Tendencias en comercio electrónico para este Nadal

Santa using laptop computer --- Image by © Edith Held/Corbis

Santa using laptop computer — Image by © Edith Held/Corbis

A principios de decembro aínda nos quedan moitas compras de Nadal que facer. A punto de entrar no 2016 non é difícil adiviñar que, cada vez máis, facemos boa parte desas compras a través de internet ou incluso dende os dispositivos móbiles. Stylight vén de presentar un estudo sobre intención de compra a nivel internacional; que día é o que máis mercamos na rede en España?

Segundo Adobe, as compras de Nadal representan preto do 20% dos gastos online de todo o mundo. Cómpre ter en conta que neste ámbito destacan os Estados Unidos, moi por enriba do resto de países; a previsión é que as vendas online nos Estados Unidos sexan superiores ás do Reino Unido, Francia e Alemaña xuntos.

m-commerce

2015 foi un ano clave para o mobile commerce. Na industria da moda, por exemplo, o tráfico móbil aumentou un 116% con respecto ao ano anterior. Os países de referencia para o uso dos dispositivos móbiles son Italia, Austria e Noruega. Que ocorre con España?

Aquí, segundo eBay, o 73% dos usuarios compraremos os regalos de Nadal a través de internet e o 50% farémolo dende un dispositivo móbil. O estudo engade que é probable que o fagamos dende o sofá e entre as 17:00 e as 19:00. Que vos parece? Acertan?

O día clave: o 8 de decembro

Sabiades que o 30% dos alemáns comezan as súas compras de Nadal antes de novembro? Para eles o día máis rendible é o 7 de decembro. Niso coinciden cos franceses aínda que eles gastan máis nas rebaixas de xaneiro.

En España debatímonos entre o 8 de decembro e as rebaixas de xaneiro como momentos preferidos para mercar nestas datas. As rebaixas e os Reis Magos é unha combinación que funciona nos últimos anos.

Non podemos esquecer a crecente influenza do Black Friday e o Cyber Monday. Segundo Adigital, en España representarán o 4,6% das vendas online de todo o ano.

Fonte: PuroMarketing.

http://www.puromarketing.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.