Falta pouco máis dun mes para rematar o 2014 e non está de máis botar un ollo ás tendencias en marketing dixital e publicidade online para o 2015. Tendencias que estarán marcadas porque os anunciantes dispoñen de cada vez máis información sobre a experiencia de compra online.
- Seguemento antes do momento da compra. Ademais do momento e o dispositivo dende o que se fai a compra, pronto se fará o seguemento do comportamento dos usuarios empregando modelos de atribución máis sofisticados. Que información consultamos sobre unha marca, nos distintos dispositivos que empregamos, antes de facer a compra?
- O Big Data convertirase nun factor principal da publicidade online. Os datos CRM (datos sobre clientes), as compras online, as respostas aos anuncios online…, controlaranse e analizaranse para crear campañas máis completas e coherentes.
- No 2015 chegarán as campañas multicanal. Superadas as últimas barreiras tecnolóxicas, os expertos en marketing poderán traballar en campañas que aproveiten os datos dispoñibles para crear historias en todos os dispositivos.
- O momento dos ‘shoppable windows’. Trátase de trasladar puntos de venta online ás tendas físicas para normalizar e fomentar as compras a través dos dispositivos móbiles. eBay xa fixo algún intento no ano 2013.
- Cada vez recibiremos máis cupóns e ofertas. Está demostrado que recibir ofertas e cupóns incrementa o número de ventas online e na tenda física. Seguro que o ano que ven recibiredes no móbil algún cupón que empregaredes nunha tenda á que ides con frecuencia. Privacidade ou desconto?
O último punto podería ser o de conseguir un proceso de compra máis rápido. Comezaremos a ver empresas que se asocian con compañías de pago por móbil. Nos Estados Unidos, por exemplo, hai un grupo de marcas que se van a asociar con Apple para aceptar o seu método de pago.
Fonte: Puro Marketing e Sizmek.


