Videoxogos para maiores de, o sistema PEGI

O sistema PEGI é un sistema de clasificación por idades establecido no ano 2003, co obxectivo de axudar aos pais a tomar unha decisión informada cando mercan un videoxogo. Emprégase na maior parte de Europa e está respaldado polos principais fabricantes de videoconsolas: Sony, Microsoft e Nintendo. O sistema foi desenvolvido pola Federación de Software Interactivo de Europa (ISFE).

As etiquetas

etiquetaspegi

Colócanse no anverso da caixa do videoxogo. Indican de xeito fiable se o xogo é apto para todos os públicos, ou para maiores de 7, 12, 16 ou 18 anos. A clasificación establécese para a protección dos menores, non ten en conta o nivel de dificultade nin as habilidades necesarias para xogar.

  • PEGI3. Para xogos aptos para todos os grupos de idade. Acéptase certo grado de violencia dentro dun contexto cómico; en xeral, son escenas típicas dos debuxos animados.
  • PEGI7. Entran nesta categoría xogos que, en principio, serían aptos para todas as idades, pero que conteñen escenas ou ruídos que poden asustar.
  • PEGI12. Videoxogos que amosen violencia máis gráfica hacia personaxes de fantasía ou non tan gráfica hacia personaxes de aspecto humano ou animais recoñecibles. Pode empregarse unha linguaxe lixeiramente ordinaria.
  • PEGI16. Esta categoría aplícase cando a representación da violencia ou da actividade sexual, chega a un nivel similar ao da vida real. Os rapaces desta idade deben ser capaces de manexar, de controlar, unha linguaxe máis ordinaria, o concepto do uso do tabaco e as drogas, ou a representación de actividades delictivas.
  • PEGI18. O xogo pode incluír representacións de violencia brutal ou elementos específicos de violencia. En xeral, defínese violencia brutal como a representación de violencia que provoca repugnancia no espectador.

Tamén se inclúen unha serie de descriptores que indican porque un xogo acada unha determinada categoría de idade:

descriptorespegi

Quédanos a etiqueta PEGI OK, que indica que todos os grupos de idades poden xogar sen preocuparse, porque o xogo non inclúe contido inapropiado. Non esquezades darlle a volta á caixa e incluso buscar información sobre o xogo antes de mercalo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.