Visita o CPD de Google por dentro

Os Centros de Proceso de Datos son os grandes descoñecidos da informática e sobre quen recae, coma vos contábamos, unha grande responsabilidade no que respecta ao Cloud Computing ou Computación na Nube.

Ao respecto desa tecnoloxía, o xigante da informática Google está a facer visibles os seus mastodónticos CPD’s, eses lugares tan grises e que tan pouco interese xeran entre os usuarios.

Google recoñece que foron poucos os afortunados en ver os datacenters dende o seu interior, xa que

“a súa máxima prioridade é a privacidade e segurdade dos datos dos usuarios,  facendo todo o posible para que iso sexa así, mantendo as súas instalación baixo  estricta vixilancia”

Convidámoste a que des un paseo virtual polos CPD’s de Google a través desta ligazón

E, se che parece interesante o tema, pásate mañá por aquí, xa que publicaremos unha nova sobre un CPD que che afecta tanxencialmente, o da Xunta de Galicia, que se atopa nun lugar moi característico.

Se queres ampliar información, visita

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.