Xa estamos no entroido! É venres, e Galicia está metida de cheo no entroido. Propoñémosche unha viaxe tecnolóxica para que dixitalices a túa experiencia no Entroido.
Webs para seguir o entroido
Non é doado realizar unha escolma das mellores webs para seguir os diferentes entroidos galegos. Seguro que se nos escapa algunha, así que, se detectas algunha web que non recollemos, fáinola chegar nalgún comentario.
Dende Turgalicia ofrecen unha pequena guía para seguir os entroidos máis coñecidos de Galicia: en Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, Laza, Maceda ou Manzaneda (na provincia de Ourense), Os Xenerais do Ulla (Pontevedra e Coruña) ou os Osos de Salcedo (Lugo).
Entroido Galicia Dixital ofrece unha guía xeolocalizada cos entroidos galegos máis salientables, así como as celebracións máis habituais durante os principais días de entroido. Hoxe que é venres de entroido, estas son as actividades programadas en toda Galicia.
Disfraces
Gústache a tecnoloxía e cres que o entroido non é compatible coa mesma? Pois podes probar algún dos 15 disfraces que recomendan dende PortalTic.
Este ano seguro que son tendencia os disfraces de emoticonos!
Aplicación para saber sobre o entroido
Se es un seareiro incondicional do entroido, tamén che ofrecemos un reto. Comproba o que sabes do entroido en Galicia descargando esta aplicación (para android). Comproba os teus coñecementos a ver se é certo o moito que sabes do entroido en Galicia.
Onde vas a pasar o entroido? Cóntanolo. Seguro que se nos escapou algún ben interesante!

