Volta á escola cos cursos da Rede CeMIT

CeMit_Ribadeo_2015_cursos_informatica

Foto: aulacemit.ribadeo.org

En plena volta á escola, é bo momento para que todos fagamos ese curso que leva tempo na lista de tarefas pendentes. Sobre que podedes formarvos nas próximas semanas nas aulas CeMIT que hai espalladas por Galicia?

Podemos comezar cunha actividade sobre Administración electrónica para aforrar tempo nos trámites ca Xunta a partir de agora. Celebrarase na CeMIT de Verín do 23 ao 30 de setembro. Do 24 de setembro ao 21 de outubro en Sada, o curso será sobre iniciación á informática para maiores; inicio básico no uso dun ordenador dirixido a maiores de 55 anos.

En Camariñas, do 25 ao 30 de setembro a actividade será sobre redes sociais. 8 horas para coñecer as claves fundamentais das redes sociais principais. Superado este curso podedes atrevervos a crear unha páxina web con Joomla; do 28 de setembro ao 2 de outubro impartirase o nivel básico en Ourense. No calendario podedes ver onde e cando se imparten os distintos niveis deste curso.

Tamén o 28 de setembro pero en Redondela, daranse durante 3 horas as claves máis importantes da seguridade en internet para pais e nais. Apuntádevos antes de que non queden prazas libres.

Para principios de outubro podedes apuntarvos a actividades como tratamento de textos con writer, o sistema operativo Linux, obradoiros de informática para persoas maiores, etc. Que tema vos interesa? Rexistrádevos na web da CeMIT ou achegádevos á aula máis cercana. Admiten preguntas e propostas.

Calendario actividades Rede CeMIT.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.