Voluntariado dixital en centros penitenciarios

Aula CEMIT BPGG

Taller CIS A Coruña. Aula CeMIT da Biblioteca pública Miguel González Garcés

Lembrades cando vos falamos do programa de Voluntariado Dixital? É unha iniciativa da Amtega que busca incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá de todos os galegos e galegas. Nel participan os voluntarios dixitais, usuarios que comparten tempo e coñecementos con colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías, persoas maiores, persoas con discapacidade, etc. Ademais dos voluntarios, o programa desenvólvese grazas á participación das entidades colaboradoras: entidades de acción voluntaria, organismos colaboradores e mecenas dixitais.

Esta semana achegámonos ao proxecto “Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos”, enmarcado dentro do programa de voluntariado dixital. O obxectivo é formar en novas tecnoloxías e software libre a 70 reclusos dos sete centros penitenciarios existentes en Galicia, e favorecer a súa inserción social. Para o desenvolvemento do proxecto cóntase coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) como entidade colaboradora.

Selecciónase a un grupo reducido de presos de cada centro de acordo coa súa formación, intereses e aptitudes, en colaboración coa dirección de cada centro. Fórmanse grupos de traballo intensivo con atención personalizada e en contacto permanente cos voluntarios dixitais.

A iniciativa botaba a andar en xullo no Centro Penitenciario de Monterroso. Dende entón xa pasou polo Centro de Inserción Social (CIS) Carmen Avendaño de Vigo e polo CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago de A Coruña en outubro, e acaba de visitar o Centro Penitenciario de Lugo-Bonxe, no que 14 internos recibiron formación TIC.

Esta semana falaremos con Rafael Rodríguez, presidente da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide e preguntarémoslle como se está a desenvolver a experiencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.