Xerpa, “unha plataforma web para crear e xestionar empresas dunha forma sinxela”

xerpa_horizontal

Volvemos aparecer por Galicia Open Future para achegarnos a Xerpa, unha plataforma web para a creación e xestión de empresas. Olga Enríquez, responsable do departamento laboral, cóntanos que lles aportou GOF e como evolucionou o proxecto nos últimos meses.

Que é Xerpa?

O proxecto consiste nunha plataforma web que sirva para crear e xestionar empresas dunha forma sinxela e rápida. Na mesma, ofrécese información precisa, sinxela e unificada dos coñecementos e trámites precisos para crear e xestionar unha empresa, ademais de ofrecer axuda e asesoramento nos mesmos. Ademáis ao ser Punto PAE podemos realizar os trámites de creación dunha forma rápida e a coste moi reducido.

Trátase dun proxecto que ofrece servizos de asesoría, xestoría, xestión, creación de empresas e consultoría orientado a emprendedores e empresas en funcionamento, empregando para a relación cos clientes medios telemáticos.

A parte innovadora do proxecto consiste en desenvolver esta plataforma web que permita ao cliente obter información en tempo real de todos os aspectos relevantes da súa empresa e, ao mesmo tempo, solicitar os servizos dos profesionais necesarios para a xestión da mesma.

O servizo préstase a través desta plataforma, o que proporciona inmediatez na comunicación e rapidez nos trámites a diferenza dos servizos tradicionais, o que supón para o cliente comodidade, aforro de tempo e custos, tendo acceso desde o seu ordenador ou móbil a toda a información do seu negocio.

En que punto do desenvolvemento do proxecto estades? Cales son os próximos obxectivos?

Actualmente estamos a desenvolver a plataforma web. Para o que contamos coa axuda dun equipo de profesionais.

A plataforma estrutúrase en tres bloques ben definidos:

  • Tes unha idea? Neste primeiro bloque axudamos a convertir unha idea de negocio nun proxecto viable, proporcionando información e ferramentas precisas como modelos de negocio, plans de viabilidade…
  • Crea a túa empresa. No segundo bloque facemos que o proceso de creación do negocio resulte áxil, sinxelo e económico.
  • Xestiona o teu negocio. No derradeiro bloque facilitamos a través de ferramentas e o apoio de profesionais o día a día da xestión económica, xurídica, social… dunha empresa.

Os próximos obxectivos céntranse en rematar a plataforma, dotala de todos os contidos e ferramentas e que os nosos clientes comecen a traballar e interactuar a través dela.

Por agora os clientes que temos son de ámbito local e a forma de traballo con eles é “a tradicional”.

Galicia Open Future, que vos aportou?

Habitualmente revisamos as axudas que existen para as empresas de nova creación do IGAPE e de outros instrumentos, e deste xeito, mirando axudas e convocatorias chegamos a GOF e decidimos presentar o noso proxecto.

Nun primeiro momento o proxecto consistía en 4 apps para explotación en dispositivos móbiles e tabletas, que permitían o acceso por parte dos usuarios a catro servizos distintos:

  • G-Contrata: acceso a convocatorias de concursos e licitacións públicas.
  • G-Marcas: rexistro de marcas, tanto a nivel nacional como comunitario.
  • G-Formularios: acceso a documentación e formularios xurídicos.
  • G-Empresa: creación de empresas a través de dispositivos móbiles.

Ao entrar no programa Galicia Open Future, démonos conta da complexidade de traballar con catro modelos de negocio distintos, por iso, decidimos centrarnos nunha das apps, e optamos así por G-Empresa. Ao mesmo tempo démonos conta da necesidade de evolucionar de app a plataforma web, pola cantidade de información e ferramentas coas que conta.

De todos os xeitos, tanto G-Empresa como as restantes aplicacións seguen funcionando.

3 comentarios

  1. Pingback: E os gañadores de Galicia Open Future son... - Xente Dixital

  2. pulsar aqui

    Esto es ¡sorprendente! No he leído algo como esto antes . Maravilloso hallar a alguien con algunas ideas originales sobre este tema. Este sitio web es algo que se necesita en la red , alguien con un poco de originalidad. Un trabajo útil para traer algo nuevo a la red. Gracias de todos lo que te leemos.
    pulsar aqui http://www.granota.eu

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.