O Osimga recolle na súa web as principais conclusións do Estudo de Medios de Comunicación Online presentado por IAB Spain (Asociación que representa ao sector da publicidade en medios dixitais en España).
O estudo conclúe que o 48,2% dos usuarios de Internet navega diariamente polos medios de comunicación dixitais. Os máis consultados son os xornais (44,8%), seguidos polos portais telemáticos e a radio na rede. Son datos interesantes, sobre todo, para o sector da publicidade: o 90 % dos internautas prestou atención algunha vez á publicidade en Internet. Os usuarios máis receptivos son os traballadores por conta allea e as persoas de 25 a 35 anos de idade.
ComScore vén de publicar un estudo que constata o éxito dos medios de comunicación dixitais en España; encabeza a clasificación o diario El País con 14,7 millóns de lectores en xaneiro de 2014. Segundo Alexa, en Galicia destacan La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Correo Gallego.



