Trringo, así é a aplicación para alugar tractores da India

trringo

Sempre se di que a tecnoloxía está para axudar ás persoas, pero a medida que esta vai avanzando, en moitas ocasións pérdese perspectiva do beneficio que a tecnoloxía achega tanto á sociedade como ás persoas individuais. Pero de cando en vez aparecen novas iniciativas que son tan claras como a auga, e unha desas é Trringo, unha aplicación de aluguer de condutores e tractores.

Esta aplicación que vén directamente da India (e só está dispoñible alí polo de agora<9 poderíase chamar Uber dos tractores e é, como diciamos, un exemplo de como a tecnoloxía impacta directamente na sociedade. Da mesma maneira que pasa no territorio galego, non todo o mundo ten un tractor, polo que na maioría de ocasións óptase por pedir favores ou contratar a alguén para facelo.

Os granxeiros da India tiñan esa mesma problemática, xa que debido ás características do seu sector agrícola, existían moitas persoas dedicadas ao cultivo pero non todas coa capacidade necesaria para ser propietarios de tractores e de equipamento necesario para a colleita. Con Trringo este problema solucionouse moi facilmente, xa que coa aplicación móbil poden contactar cunha persoa que teña o que necesiten e contratala polo prezo que acorden.

Sería posible facer isto en Galicia? Aínda que o sistema agrario de India é bastante diferente ao noso, a idea de Trringo podería funcionar aquí, xa que a práctica de alugar material para realizar actividades como a recolección ou a poda é moi habitual, polo que podería facilitar a contratación de profesionais e facilitar a actividade dun sector tan importante como o agrícola.

Para saber máis acerca de Trringo, a súa páxina web ten todos os detalles sobre o seu funcionamento e uso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.