As Aulas CeMIT amplían as súas actividades grazas a un novidoso Banco de Tempo

banco-tempo-aula-cemit

Se pensamos en como funciona Internet, o compartir é un dos alicerces fundamentais sobre o que a rede de redes sostense. Todos estamos conectados e os recursos compártense para que, grazas á neutralidade da rede, calquera dispositivo poida facer o mesmo que outro, sen importar onde estea. Seguindo esta máxima, diferentes Aulas CeMIT de Galicia decidiron compartir, creando un novo Banco de Tempo chamado BTCeMT.

O BTCeMIT é unha iniciativa que nace coa finalidade de compartir certas actividades e optimizar os medios que dispoñen as diferentes aulas da rede CeMIT. A idea principal é intercambiar tempo, é dicir, poñer a disposición doutras aulas CeMIT as actividades que se realizan na propia dun e, desta maneira, intercambiar o tempo investido para recibir a formación de calquera outra maneira.

A idea é moi sinxela pero á vez moi interesante: cada aula pon a disposición do resto unha serie de horas de traballo as cales se converten en servizos compartidos entre aulas. Así un Aula CeMIT de Ares pode impartir a través de videoconferencia un curso aos usuarios das diferentes Aulas CeMIT de Galicia para logo ela, á súa vez, gozar do que ofrezan as que están apuntadas ao banco de tempo.

O único requisito necesario para participar no BTCeMIT é compartir un número de horas determinado, o cal logo pode usarse para beneficiarse do que ofrezan o resto de aulas. Ata agora hai 12 aulas que participan activamente na iniciativa: Sigüeiro-Oroso, Celanova, Santa Comba, Ares, Boiro, Cuntis, Ortigueira, Abegondo, Ames, Fisterra, A Bola e As Pontes. Pero xa hai máis aulas pendentes de confirmar horas e actividades.

Unha gran iniciativa que estamos seguros que traerá moi boas novas ao longo do tempo. Se queres coñecer que Aula CeMIT tes máis preto o podes facer dende a páxina de información da Xunta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.