“Claves para montar unha tenda en liña”. Inscríbete no curso de balde do CDTIC

O Centro Demostrador TIC organiza o día 18 de febreiro (en horario de 16.00 a 20.00 h) o seminario “Coñece os pormenores de montar unha tenda en liña”. Trátase dunha formación que ensinará dende un punto de vista práctico e real como iniciar un proxecto de comercio electrónico e cales son os erros máis comúns que se adoitan cometer na súa posta en marcha.

O programa da xornada inclúe temas como os elementos clave para poñer en marcha un proxecto destas características (estratexias, tecnoloxía, provedores, loxística, medios de pagamento etc.) ou as pautas a seguir para vender os produtos en liña noutros países.

Este seminario está destinado principalmente a persoal directivo, responsables comerciais e de mercadotecnia e, en xeral, todas as persoas que desexen iniciar un proxecto de comercio electrónico.

O encargado de impartir a sesión será Fernando Gómez, CEO do Grupo Predomina, consultor de mercadotecnia en liña e asesor de proxectos TIC da Rede de Business Angels InnoBAN.

Se che interesa esta formación, inscríbete de balde no espazo usuario do CDTIC. Actualización: o aforo está completo. Lamentamos as molestias que pudiese ocasionar, e invitámosvos a participar nos seguintes cursos.

Outras actividades do Centro Demostrador TIC

O CDTIC, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten programadas para este mes de febreiro outras actividades que poden ser do teu interese:

 

Coñeces a alguén que lle poida interesar a formación do CDTIC? Envíalla!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.