Consegue o teu certificado galego de competencias dixitais en ofimática coa Amtega

competencias-dixitais-amtega

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou a semana pasada preto de 600 prazas para conseguir o certificado galego de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Este certificado, ao que pode presentarse calquera persoa, acredita á persoa na formación no paquete ofimático LibreOffice e sirve para presentar ante calquera institución, xa sexa pública ou privada.

Para conseguir o certificado é necesario pasar unha proba a cal está composta de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, cuxas 5 unidades pertencen ao módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.

As probas realizaranse en 39 concellos de toda Galicia, e para inscribirse hai que facelo a través da Internet, sendo o único requisito ser usuario da rede CeMIT, inscrición que pode realizarse a través da da súa propia web. No caso de que houbera máis inscritos que prazas, realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde na que se fará a matrícula.

Se queres coñecer máis acerca do temario que é necesario coñecer para este certificado, o calendario de probas ou realizar a inscrición, tes toda a información na páxina da Amtega e tamén na publicación da convocatoria do DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.