Na actualidade é difícil imaxinar algunha persoa que non estea en redes sociais. Xa sexa Facebook, Twitter ou o mesmo Whatsapp, todos estamos conectados dunha maneira ou doutra. E iso aplícase tamén aos clientes potenciais do noso negocio.
Por esta razón, desde o Centro Demostrador TIC de Galicia organízase un curso no que poderemos aprender como utilizar as diferentes redes sociais como canle de comunicación da nosa empresa ou negocio, saber cales son as máis adecuadas para nós e como atraer a ese grupo de clientes potenciais a través delas.
O curso celebrarase en A Coruña o próximo 5 de outubro, está organizado pola Amtega e está dirixido principalmente a empresarios ou profesionais de calquera rama que queiran aproveitar a potencia comunicativa das redes sociais para atraer posibles clientes, atraer tráfico ao seu sitio web ou fidelizar aos seus clientes actuais.
Para asistir de maneira presencial á actividades necesario apuntarse a través do Espazo Empresa e Profesionais do Centro Demostrador TIC de Galicia
¿Poderase seguir a distancia?
Ola Jose, o curso é presencial. Tes máis información neste PDF https://cdtic.xunta.gal/sites/default/files/pdf/es/161005_Programa_RRSS_Coruna_0.pdf