
Se falamos da historia da internet, é imposible non describila sen nomear nalgún momento ás imaxes en formato GIF. Este tipo de imaxes, con ou sen movemento, son parte da cultura na rede case desde o comezo, servindo nos comezos para ilustrar as páxinas web e, nos últimos tempos, para expresar emocións e decorar mensaxes nas redes sociais.
A semana pasada o formato de imaxe GIF cumpriu, nin máis nin menos, que 30 anos entre nós. Para celebralo, hoxe contámosvos catro curiosidades que seguro que non sabías sobre este formato que tanto fixo pola cultura da internet.
O seu creador é Steve Wilhite
Steve Wilhite é ao que se lle atribúe a autoría do primeiro GIF. Wilhite era empregado de CompuServe, unha das primeiras empresas provedoras da internet e a razón da creación deste formato foi, nin máis nin menos, que enviar imaxes optimizadas sen que se retardase demasiado a conexión.
O primeiro GIF foi un avión

Esta imaxe que vemos arriba foi a primeira que se creou. O primeiro formato chamábase 87a e o que representaba era moi poético: un avión que nunca terminaba de despegar, como o fixo o formato ao longo dos 30 anos de vida.
2013 foi o ano da súa resurrección
No deseño das páxinas web da década dos 90 era común ver multitude de imaxes en formato GIF. Co paso do tempo, esta práctica deixouse ao carón debido á aparición de novas tecnoloxías e o GIF deixou de ter presenza na rede. Debido á hiperconectividade de comezos da década de 2010, o GIF resucitou como unha alternativa a imaxes que consumían moito ancho de banda, ademais, nun momento no que o usuario buscaba expresarse, o GIF era una gran opción para facelo.
GIPHY é o buscador por excelencia
Se desexamos utilizar un GIF nas nosas mensaxes en Twitter, Facebook ou correos electrónicos, GIPHY é o mellor buscador que podemos utilizar para atopar imaxes que nos vallan.

