3 apps para atopar o teu teléfono dunha maneira diferente

Quen non perdeu algunha vez o seu teléfono? Non nos referimos a facelo na rúa, que tamén, senón perdelo na casa ou no noso lugar de traballo. Os terminais son tan finos e, algúns, tan pequenos que é fácil que acaben en sitios que non nos imaxinamos.

Atopar o terminal ás veces é tan sinxelo como chamarnos, pero se o temos sen son ou está sen cobertura a procura do teléfono pode ser toda unha odisea. Hoxe traémosvos 3  apps que farán esa procura moito máis sinxela e tamén, algo diferente.

Clap  To  Find  My  Phone

Como o seu nome indica,  Clap  To  Find  My  Phone reproduce un son cando aplaudes e o micrófono detecta ese ruído.

Dispoñible polo de agora para Android, conta con varias opcións, como detectar o son só se está bloqueado, detección ao reiniciar o dispositivo ou configurar un horario concreto.

Ademais, podemos configurar o son ou resposta aos nosos aplausos, así como probar e afinar a sensibilidade do teléfono segundo a distancia á que esteamos do teléfono.

Whistle  to  Find

Se os aplausos non son o noso, temos máis opcións:   Whistle  to  Find, que cambia a  sonoridade das nosas mans polos asubíos.

Nesta ocasión, cando asubiemos preto do teléfono extraviado,  Whistle  to  Find responderá con son, o Flash da cámara ou vibrando.

Polo demais, o seu funcionamento é similar ás outras  apps: regulación do volume e duración do aviso, desactivación en horarios concretos, etc.

Go  Find Marco / Marco Polo Phone Finder

A partir dunha palabra ou expresión que ti mesmo configurarás previamente,  Go  Find Marco responderá mediante un son ou con nosa propia voz. Dispoñible como Marco Polo  Phone  Finder en  Android e como  Go  Find Marco en  iPhone, é unha maneira orixinal de atopar o teu teléfono perdido a certa distancia.

Configuras unha palabra de resposta, a resposta en si e cando o botes en falta, só tes que reproducir a palabra en cuestión para que  Go  Find Marco respóndache alá onde estea.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.