O número de galegos que usan Internet segue crecendo

Todos os anos o Instituto Nacional de Estatística publica datos sobre o uso da internet e este ano os datos que se relacionan cos galegos e galegas non podían ser mellores, xa que crecemos en todos os ámbitos da publicación do estudo.

Os datos falan por si sós: o 79,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos 3 meses, sendo isto un crecemento dun 6,4% máis que o visto o ano pasado (e máis dun punto máis sobre a media do conxunto do Estado). A isto hai que engadirlle que o 78,8% dos fogares galegos teñen contratado Internet, sendo un 75% os que tamén teñen unha conexión móbil de banda larga.

Como mostran as estatísticas, o uso das TIC aumentou, sendo un 5,6% máis de galegos e galegas que compraron a través da Rede, elevando a cifra ata o 32,1% da poboación galega. E se nos fixamos no tramo de 25 a 34 anos, o 61,9% da poboación galega ha comprado a través da Rede, superando en 4,7 puntos porcentuais a media do estado.

Se falamos do uso do teléfono móbil, os nenos e nenas galegos tamén superamos a media do estado, xa que máis do 69% deles posúen un, superando lixeiramente a media estatal que se cifra no 69,1%.

Máis conexións en máis cidades

Os fogares galegos tamén saen ben parados no estudo do INE. Segundo os datos, o 78,8% deles ten contratado Internet, superando a media estatal nas poboacións entre 50.000 e 100.000 habitantes (95,8% fronte a 84,3%) e chegando ao 72% nos concellos galegos de menos de 10.000.

Os galegos coa economía colaborativa

Por primeira vez no estudo o INE incorporou un apartado preguntando sobre o uso de servizos de economía colaborativa, sendo as principais preguntas ao redor da procura de aloxamento ou compartir transporte para unha viaxe determinada.

Entre os galegos e galegas de 16 a 74 anos o 15,9% utilizaron páxinas web para atopar aloxamento cun particular. Iso son máis de 255.000 galegos e galegas que utilizaron páxinas web de aloxamento compartido e colaborativo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.