A semana pasada celebrouse na cidade de Las Vegas o CES 2017, a feira tecnolóxica máis grande do mundo onde todas as grandes marcas presentan os produtos que van lanzar nos últimos meses.
Este ano houbo, como o ano pasado, moitas novidades pero o que máis destacou foi o destinado ao “gaming”. O mundo dos aficionados aos videoxogos recibiu gran cantidade de trebellos. Ensinámosvos os máis interesantes (e tamén máis curiosos)
Memoria RAM sincronizada por infravermellos
Dos poucos compoñentes do PC que case se libraban da personalización con luces tiñamos ás memorias RAM. Non moitos fabricantes atrevíanse con esta opción pero cada vez son máis. HyperX, a división de xogos de Kingston, presentou en Las Vegas unha nova memoria HyperX predator DDR4 RGB. A novidade destes módulos é que son os primeiros que inclúen tecnoloxía de infravermellos para sincronización entre módulos, de maneira que se potencie a iluminación RGB dos mesmos.
Alfombriña de rato con carga sen fíos
Que ocorrere cando temos un rato inalámbrico? Que se lle acaban as pilas. Corsair e Logitech queren acabar con este problema coas alfombriñas con cargasen fíos. Estas alfombriñas, con textura que facilita o movemento do rato, son compatibles co estándar de carga Qi, polo que calquera gadget que conte con esa posibilidade pode ser cargado directamente sobre ela.
Taboleiro de xogo e teclado con protección AES de 128 bits
Corsair non quere que xogues desprotexido nin tampouco sobre unha mesa. A combinación do teclado K63 Wireless co taboleiro do mesmo nome ofrecen ao xogador dous valores non moi comúns no mercado. No caso do teclado, de tipo mecánico, inclúe cifrado AES de 128 bits para evitar que haxa intercepciones inalámbricas do mesmo.
Router que da prioridade á túa consola
Que o Linksys sexa un router AC3200 de aparencia potente, bo software de xestión, potente procesador e ben dotado de portos, non é o máis importante para un gamer. Este novo router Linksys WRT32 XB poderá facer gozar da súa consola Xbox One a quen o integre a súa rede de casa porque grazas á tecnoloxía de Rivet Networks, priorizar o trafico proveniente da consola de Microsoft, podendo reducir o ping nun 65% segundo datos do fabricante.