Plan DigiTalent, máis de 80 actividades para achegar as profesións TICS aos máis novos

Plan DigiTalent

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a primeira edición do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020. Esta nova iniciativa busca achegar o mundo tecnolóxico e as súas novas tendencias aos máis xóvenes da casa, de maneira que descubran o atractivo que pode ser este mundo.

Con máis de 80 actividades ata decembro, estas actividades buscan reforzar o atractivo vocacional das profesións neste eido a través de talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado charlas ou accións informativas, nas que se implicará tamén ao seu círculo máis próximo (pais/nais, avós/avoas, titores, etc…).

Xunto á Amtega, forman DigiTalent  axentes tecnolóxicos que colaborarán nas actividades. Entre estes axentes están as 12 empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da comunidade. Indra, Everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC Tecnology e o Clúster TIC Galicia serán as empresas que estarán a participar nas sesións para os máis novos.

O obxectivo principal de DigiTalent é promocionar os estudios do ámbito STEM, xa que en Galicia so o 9,3% dos matriculados en carreiras universitarias pertencen a este ámbito. Un tanto por cento que contrasta coa gran demanda que este tipo de carreiras ten no ámbito galego, habendo no 2016 máis de 16.000 traballadores en activo.

Para saber como participar en DigiTalent 2020, a Amtega ten a disposición de todos o portal https://amtega.xunta.gal/digitalent onde está toda a información e actividades actualizadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.