Tecnoloxía do futuro presente: escribir sen teclado xa é posible

Se lembramos como a película de Tom Cruise  Minority  Report marabillounos coa contorna gráfica que utilizaba para localizar aos futuros criminais, hoxe podemos estar un pouco máis preto desa ciencia ficción, xa que hai en proxecto un novo  trebello que nos permitirá realizar unha das accións que Cruise facía: escribir no aire sen necesidade de teclado.

O invento vén de parte da empresa  Tap  Systems e son uns aneis que se colocan nos dedos e que nos permiten escribir dando golpes encima dunha superficie, xa sexa unha mesa ou o noso propio corpo. Estes aneis están interconectados entre si e detectan a posición dos nosos dedos, polo que seguen os movementos que facemos e que letra ou acción significa o que fixemos.

Podemos usalo con móbiles, tabletas, computadores ou mesmo lentes de realidade virtual, xa que é posible escribir sobre calquera superficie.

O invento queren que sexa tan sinxelo que cando non estamos fronte a ningún dispositivo de entrada podamos escribir igual, enviando vía Bluetooth a información a calquera lugar. Ao ser posible escribir cunha soa man, faise ideal para escribir incluso no medio dunha reunión,  tecleando sobre a mesa de forma sutil para evitar interrupcións.

Parece un invento do futuro pero o certo é que funciona, só hai que botar unha ollada ao vídeo promocional:

A parte negativa é que parece que haberá que memorizar novos xestos para escribir, xa que non segue o movemento natural que fan os nosos dedos sobre un teclado. Aínda así, se se chega a facer pode ser un dos inventos do ano para toda a xente que traballa en mobilidade e necesita escribir grandes cantidades de texto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.