
Os incendios son un dos desastres que máis tivemos que sufrir os galegos nos últimos anos. Nos últimos meses vimos como hectáreas queimábanse sen que se puidese facer practicamente nada por evitalo.
Esta semana o presidente da Xunta de Galicia anunciou no Parlamento a implantación dunha rede de vixilancia polo territorio forestal galego para buscar a prevención, detección e seguimento de incendios. Esta nova rede é parte dunha das 30 novas medidas que se van a tomar a cabo para mellorar a vixilancia no terreo forestal galego.
Esta iniciativa xestionarase a través dunha nova plataforma tecnolóxica que permitirá a vixilancia remota dos montes as 24 horas do día, proporcionando imaxes en tempo real dos nosos montes e facilitando desta maneira o traballo dos axentes forestais.
Esta nova rede utilizará as infraestruturas existentes de Retegal, a empresa pública que ten como obxectivo a planificación, instalación, xestión, explotación e mantemento de sistemas de telecomunicación por todo o territorio galego. Nesta primeira fase instalaranse cámaras en 34 centros de telecomunicación, as cales cubrirán 1,4 millóns de hectáreas, case a metade do territorio galego.
A primeira fase comezará no 2018 e, despois de comprobar o seu funcionamento, redefinirase o proxecto en base ás necesidades detectadas durante a primeira instalación. Ademais, conforme avance o proxecto, abrirase unha oferta pública que permitirá a incorporación de novas tecnoloxías innovadoras á vixilancia dos montes galegos.

