Chega o verán! Catro apps que te servirán nas túas viaxes

Chega o verán e con el chegan as vacacións que levamos desexando desde que comezou o ano. O noso teléfono móbil pode ser un gran aliado á hora de planificar as vacacións, xa que tanto Android como iOS teñen unha gran oferta de aplicacións que poden servirnos desde cando imos en coche e estamos perdidos, pasando por visitas a unha nova cidade ou coñecer o estado das praias.

Aplicacións que nos poidan servir hai centos, pero hoxe querémosvos recomendar catro apps que valen a pena tanto pola súa calidade, como polo espazo no que se moven.

Citymapper

Citymapper é a aplicación por excelencia para movernos por grandes cidades. É como un Google Maps pero vitaminado con rutas de transporte público, rutas melloradas e mesmo sitios de interese. Citymapper dinos que combinación de metro é a mellor para coller, ou cando nos temos que baixar do autobús para ir onde queremos. E faino cunha interface moi sinxela e amigable e cun prezo insuperable: gratuíto. Haina para descargar en iOS e Android.

CampingES+    

Se somos dos que nos gusta ir con tenda de campaña ou autocaravana, CampingES+ é a nosa aplicación. Con máis de 1.100 establecementos almacenados, esta aplicación proporciónanos toda a información sobre cámpings que hai no territorio español. Está dispoñible para iOS e para Android.

SayHi

Cantas veces atopámonos nun país estranxeiro e non sabemos explicarnos? Con SayHi isto deixa de ser un problema, xa que permite traducir en directo o que dicimos para comunicarnos co noso interlocutor. Ten decenas de idiomas (incluídos dialectos) e é capaz de entender case todo o que lle dicimos. Está só dispoñible para iOS.

UVLens

Se o Sol é o que nos preocupa, UVLens pódenos axudar, xa que é unha aplicación que nos mostra a cantidade de radiación ultravioleta que hai en determinada zona. Ademais, a app danos estatísticas tan curiosas como tempo que tardariamos en queimarnos se estiveramos sen protección, ou cando será o mellor momento para tomar o sol. Desta maneira, podemos estar preparados para protexernos do sol cando estamos de vacacións. A aplicación é gratuíta e está dispoñible para iOS e Android.

Foto: Jan Böke

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.