Vaiche o Windows lento? Microsoft dáche estes consellos para melloralo

Todos os que usamos Windows, o sistema operativo de Microsoft, sabemos que co paso do tempo este vaise deteriorando e volvéndose cada vez máis e máis lento. Os virus, troianos e outro tipo de software malicioso adoitan ser os culpables destes incrementos de lentitude, pero tamén pode haber outros factores que afecten.

 

Microsoft é consciente que o seu sistema, en ocasións, vólvese inestable e complicado de usar, por iso ten publicado unha serie de consellos que poden sernos útil para corrixir a lentitude do noso sistema operativo. Estes consellos son para Windows 10, a última versión, pero a maioría poden aplicarse ás versións anteriores con pequenas variacións.

Actualizar Windows e controladores

Aínda que a maior parte das veces as actualizacións molestan, ter o sistema operativo actualizado garántenos que os buracos de seguridade e os fallos existentes estean corrixidos. Tamén é recomendable ter os controladores, os drivers, actualizados á súa última versión xa que así nos aseguramos que sexan o máis compatibles posibles.

Abre só as aplicacións que necesites

Este pode parecer un consello moi obvio, pero segundo o computador que teñamos Windows pode non manexar moi ben varias tarefas á vez, polo que é sempre aconsellable abrir só as aplicacións que necesitemos e pechar as que non esteamos a usar.

Comprobar a memoria

A memoria e o uso da CPU é algo ao que temos que botar unha ollada se o noso computador vai lento. Se o consideramos oportuno, podemos aumentar a memoria RAM para que todo vaia mellor, pero se non queremos, podemos facer uso do sistema de paxinación, que é permitir que Windows utilice o espazo libre no disco duro coma se fose unha memoria RAM.

Par activar a paxinación debemos ir a Sistema avanzado > Ver a configuración avanzada do sistema > Avanzadas > Configuración > Cambiar. Neste apartado podemos poñer un tamaño máximo do arquivo de paxinación, pero o recomendable (se temos espazo) é que dobre ou triplique a memoria RAM que temos.

Comprobar os programas do inicio

Hai programas que, debido á súa configuración, execútanse nada máis iniciar o Windows. Podemos desactivar eses programas que nos poden retardar o sistema desde o Administrador de tarefas.

Estes son só algúns consellos, pero na páxina de soporte de Microsoft podemos consultar todos os consellos que a empresa de Redmond suxire para que noso Windows vaia que dá xenio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

En cumplimiento de lo dispuesto en el artículo 5 de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de protección de datos de carácter personal se le informa que los datos personales que facilite en este formulario quedarán registrados en un fichero de titularidad de la Xunta de Galicia, cuya finalidad es la gestión y registro de este procedimiento. La persona interesada podrá ejercer los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición ante lopd@xunta.es.