Cando falamos de seguridade, un dos temas máis básicos e nos que se insiste máis a miúdo é na seguridade dos nosos contrasinais. Ter as nosas contas protexidas cun contrasinal moi difícil de adiviñar é algo que todos debemos facer para que non entren nos nosos servizos.
Ter un contrasinal seguro é algo relativamente sinxelo, tan só temos que mesturar maiúsculas, minúsculas, números e símbolos para que sexa case imposible de adiviñar por métodos de forza bruta. Pero se non estamos seguros de como facela, a Universidade Carnegie- Mellon creou unha web que mostra como crear claves seguras.
Ao parecer esta web, á que podemos acceder nesta ligazón, utiliza unha rede neuronal para buscar en grandes bases de datos con contrasinais e, desta maneira, atopar tendencias na creación das mesmas. Así cando introducimos o noso contrasinal, a web é capaz de ver o que fixemos e facernos recomendacións e suxestións para que o noso contrasinal sexa o máis segura posible.
Por exemplo, unha das estratexias máis habituais nos contrasinais é a de cambiar as vogais por números (o o por un 0, a I por un 1, o A por un 4…). A web é capaz de detectar esta tendencia e dicirnos que o cambiemos, así o noso contrasinal X3nT3Dix1t4L dinos que é moi sinxela de descubrir e recoméndanos poñer símbolos no medio e máis vocais, converténdoa en X3Nte.d1xiT;4L; un contrasinal algo máis complexo pero moito máis complicada de descubrir.