A app do mes | Chega a España “Youtube Kids”, para os cativos da casa

Google presenta oficialmente a versión infantil da súa popular plataforma de vídeos. Youtube Kids é unha versión especial deseñada con contidos específicos para os máis pequenos.

youtube-kids

A compañía esta a facer unha aposta forte polas aplicacións orientadas a un target moi concreto. Neste caso oriéntase claramente aos máis pequenos da casa cunha aplicación que lles permite ver vídeos axeitados para a súa idade.

Contidos

A aplicación conta con varias seccións: Shows, Música, Aprendizaxe e Explorar, que amosa no seu novo deseño de interface, “Material Design”. Así, os máis cativos da casa poden ver as súas series favoritas: Pocoyo, Cantajuego, Doraemon e Inazuma Eleven, éxitos online como Bernard, El Oso Traposo, Masha y el Oso ou Jelly Jamm. Por suposto, tamén é posible explorar calquera tema apto para a súa idade: música, deportes, animais, xogos, manualidades e moito máis.

A app elimina os comentarios dos vídeos, así coma outros elementos máis complexos por mor da usabilidade. Se son os nenos os destinatarios, a aplicación había de ser sinxela, con botóns grandes, fácil manexo e pantalla completa.

screen640x640-2

Control parental

O control e supervisión dos pais está garantido a través das diferentes opcións da aplicación, que so serán accesibles para os adultos:

  • Temporizador: empregarase para limitar o tempo de uso da aplicación, e sairán alertas para avisar de que o tempo foi consumido.
  • Axustes de son: a opción de silenciar os vídeos permite consumir os vídeos sen ningún tipo de audio. Útil para atender unha chamada sen distraccións, por exemplo.
  • Buscador: Dentro dos axustes do buscador podemos ata eliminalo do alcance dos nenos, se ben o máis habitual é preseleccionar algúns vídeos na pantalla principal para non ter a necesidade de buscar outro contido.
  • Feedback: Fundamental para mellorar a aplicación. A través desta opción os pais poden remitir as súas consideracións a Google para adaptar as novas versións da aplicación.

screen640x640-1

A aplicación está a distribuírse por todo o mundo, aínda que de momento so está dispoñible en Arxentina, Australia, Canadá (salvo Quebec), EE. UU, España, Irlanda, México, Nova Zelandia e Reino Unido.

Podes descargar de balde a app, tanto para iOs como para Android, pero, ollo, contén anuncios pagados (aquí tes a información ao respecto).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.