Consulta a cobertura móbil de cada operador

Por se estás pensando en cambiar de operador, por se queres saber onde están as antenas de telefonía ou, simplemente, por curiosidade. Esta son as ferramentas que che axudarán a coñecer o mapa de cobertura de cada operador.

Para coñecer a ubicación exacta das antenas existen dúas boas opcións: a información pública que ofrece o Ministerio de Industria ou os mapas de OpenSignal.

Infoantenas                              

cabecera_infoantenasO Ministerio de Industria ofrece, a través do Servizo de información sobre Instalalacións Radioeléctricas e Niveis de Exposición, un mapa a través do que consultar onde están as antenas de telefonía móbil. Podes facer procuras segmentando por provincia, municipio e incluso rúa.

Se fas clic en cada punto que marca a cada antena podes ver o enderezo exacto da súa instalación e outra información de interese. Lamentablemente, non podemos consultar a súa cobertura. Pero, para iso, existe outra alternativa

OpenSignal

opensignalEste servizo web ofrece datos sobre a cobertura de cada operador que opera nunha determinada área. Podes buscar no mapa a túa localidade e, ademais de localizar as antenas dos operadores que se atopan cerca, podes consultar o alcance da súa cobertura.

Estes datos de alcance baséanse na experiencia dos usuarios que empregan a app de OpenSignal, polo que os datos son fiables.

No caso de valorar a posibilidade de mudar de operador, podes consultar a cobertura de cada un deles, así saberás se vas a ter problemas de rede no teu municipio.

Ámbalas dúas opcións son moi útiles, aínda que como consello final o que che recomendamos é que consultes cos teus contactos a súa experiencia; unha opinión de primeira man sempre é a mellor opción

Fonte: Xataka Móvil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.