Hoxe recomendámosche… as redes sociais da SX da Emigración

A diáspora galega ten un punto de referencia na rede, as redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración: Galiciaaberta.com en Facebook suma máis de 11.000  usuarios, e xa son máis de 3.000 os followers da conta de Twitter @GaliciaAberta.

Captura de pantalla 2016-02-05 a las 10.39.07

Dende a creación das contas no ano 2010, o número de usuarios que segue a actividade da Xunta no exterior non deixou de medrar, e 2015 converteuse no ano de maior crecemento das redes sociais.

Visitas na web

A páxina web galiciaaberta.com tamén é un punto de referencia dende o exterior. Acumula case medio millón de visitas e percíbese coma unha web de calidade; así se deduce dos tempo medio de estancia na web – que ascende a case tres minutos –.

Onde residen os usuarios destas redes sociais?

Velaquí o dato máis interesante. No caso de Facebook, o 30% residen en España, se ben hai varios países do exterior que aglutinan o groso dos galegos na diáspora:

  • Arxentina (24% dos seguidores)
  • Suíza (10%)
  • Uruguai (6%)
  • Brasil (5%)
  • Estados Unidos (5%)

No caso de Twitter, os principais países de referencia son, ademais de España (57%)

  • Arxentina (16%)
  • Venezuela (12%)

As visitas á web proceden na súa meirande parte dende España (50%), pero tamén proveñen de:

  • Arxentina (22%)
  • Uruguai (6%)
  • Venezuela (4%)
  • Brasil (2%)

Vistos estes datos, podemos facernos unha idea de onde viven os nosos compatriotas emigrados, non si?

Tes algún parente vivindo no exterior? Recoméndalle o Facebook ou o Twitter de GaliciaAberta.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.