[Infografía] A Sociedade da Información en Galicia

Sabías que no ano 2008 só o 36,7% dos fogares da Comunidade tiña contratado o servizo de internet  fronte ao 56,3% que o ten contratado en 2012?

Hoxe traémosche a Xente Dixital unha infografía sobre o estado da Sociedade da Información en Galicia, con datos que, ben seguro, descoñecías.

Logo da infografía tamén che deixamos en forma de apuntes uns datos de interese

infografia_sdi

  • O ritmo de crecemento do servizo de internet nos fogares é superior ao estatal (33,1%) e ao europeo (25%) durante o mesmo período.
  • Nos 58 municipios con máis de 10000 habitantes supérase a media galega de contratación a Internet
  • Só o 6% dos fogares galegos indican que non teñen internet contratada porque non é posible acceder ao servizo no lugar onde teñen a vivenda
  • En 7 de cada 10 fogares onde residen rapaces de 3 a 16 anos supéranse en máis 15 puntos as porcentaxes do uso de ordenador e internet que se rexistran noutro tipo de fogar
  • Galicia supera a media estatal e europea en interacción coas Administracións públicas a través de Internet. Un 47,7% dos galegos descargou formularios oficiais (6,7 puntos máis que a media estatal e 12,7 puntos por riba da media europea). Un 40,7% enviou formularios cumprimentados a través de Internet (8,5 puntos por riba da media estatal e 12,7 puntos por riba da media europea)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.