O programa AceleraTIC+ preséntase o 4 de abril para seguir formando ás pemes galegas na transformación dixital

Cando pensamos en dixital, témonos que dar conta que é algo que xa forma parte da sociedade. Por esta razón, cando falamos da nosa empresa temos que facelo en dixital tamén e, se aínda non o facemos, é necesario pensar na transformación que precisamos para non quedar atrás.

Para impulsar esa transformación dixital naceu AceleraTIC+, un programa organizado pola Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Escola de Negocios AFundación que busca facilitar a transformación dixital das pemes galegas.  

AceleraTIC+ celebra este ano a súa segunda edición e preséntase o próximo 4 de abril na Cidade da Cultura cunha xornada que leva por título “Como o ecosistema dixital transforma os modelos de negocio”. Esta xornada, dirixida a directores xerais, xerentes ou propietarios de empresas, terá diferentes actividades que ensinarán por que é importante a transformación dixital e cales son os pasos para levala a cabo de maneira correcta.

A xornada inclúe un relatorio de Pablo Echanove, experto en márketing e comercio dixital, titulado “Transformación dixital: como o ecosistema dixital transforma os modelos de negocio”. Ademais, os asistentes poderán gozar dunha mesa de debate sobre modificación de procesos das pemes na transformación dixital, as ferramentas adecuadas para chegar a máis clientes potenciais, os procesos de innovación e de transformación dixital e a ampliación de mercado que se pode levar a cabo grazas á adaptación da empresa ás novas tecnoloxías.

AceleraTIC+ é un programa con 6 sesións formativas. Como novidade, os participantes recibirán sesións de titoría e asesoría personalizada onde se ensinará a aproveitar os coñecementos adquiridos durante as sesións. O prazo de inscrición estará aberto desde o propio día 4 ata o 24 de abril, podendo formalizar a súa participación na propia xornada de presentación ou a través da web del CDTIC.

1 comentario

  1. Pingback: Xa está en marcha o Programa AceleraTIC+, coñece todos os detalles - Xente Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.