Tecnoloxía do futuro presente | Isobar, o portavacinas sen patente que pode salvar vidas

ISOBAR é unha neveira portátil que pode manter, ata durante 30 días, unha temperatura de entre 2 e 8 graos. Ese é o invento dun estudante de 22 anos que podería salvar millóns de vidas en todo o mundo.

Willinam Boradway, o estudante británico que desenvolve este proxecto, xa gañou un premio da Fundación James Dyson e está deseñado para manter as vacinas a unha temperatura axeitada para o seu transporte nos países en vías de desenvolvemento.

usr-3729-img-1468771854-a00e0

Segundo o propio inventor, “eu quería facer algo para que as persoas que non teñen case nada. Debería ser un dereito humano fundamental, na miña opinión, ter unha vacina”.

Velaquí o vídeo promocional do produto

O funcionamento da neveira é sinxelo: esta unidade quenta amoníaco e auga para crear vapor de amoníaco, que se solta na cámara principal cando detecta un cambio de temperatura e precisa arrefriar o recipiente.

Will non ten plans de facer diñeiro coa súa invención, é por iso que non tratará de patentar o invento, para que as persoas que o poidan necesitar teñan posibilidades económicas de acceder a el.

As estimacións previas calculan que o este invento podería portar vacinas de xeito sinxelo e económico a moitos lugares do planeta, e salvar a vida dun millón e medio de persoas.

De feito, aínda que inicialmente está concibido como portavacinas refrixerado, o potencial do aparello é moi grande: doazóns de sangue, transporte de órganos para o seu transplante… etc.

Máis sobre o proxecto na súa web

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.