Hai uns anos ninguén imaxinaba a importancia que tería o community manager ou responsable da comunicación dunha empresa na rede. Hoxe queremos viaxar ao futuro e saber que profesións se van a crear. É moi probable que nos equivoquemos na maioría pero o que é seguro é que estarán baseadas nas novas tecnoloxías.
A consultora Fast Future publicaba recentemente o estudo “Shape of Jobs to Come” que contén un listado coas profesións que se desenvolverán nos próximos anos.
- Fabricantes de partes do corpo. Necesitaranse estudos de enxeñaría xenética, biomedicina, biotecnoloxía… A tecnoloxía permitirá moi pronto fabricar órganos e extremidades para reemplazar partes danadas do corpo.
- Nanomédicos. A nanotecnoloxía vai a revolucionar os tratamentos médicos. Necesitaremos expertos nesta área que terán estudos de medicina, enxeñaría robótica, etc.
- Especialistas no benestar da terceira idade. O avellentamento da poboación propicia xa que xordan novos perfís profesionais con coñecementos sobre medicina, estética, deporte, estilo de vida, etc.
- Expertos en ética científica. A clonación, a manipulación xenética… Necesitamos expertos que coñezan os avances científicos e llos poidan explicar á sociedade para que esta decida.
- Granxeiros verticais. Coñecedes a agricultura hidropónica? É un método empregado para cultivar usando disolucións minerais no canto de solo agrícola. Permite producir máis en menos espazo e, por exemplo, cultivar en edificios.
- Avogados virtuais. Cada vez compartiremos máis información e faremos máis cousas a través de internet. Necesitaranse expertos que poidan resolver problemas legais cando, por exemplo, se comparte información persoal entre países con diferentes lexislacións.
- Profesores virtuais. Avatares que permitirán dar soporte aos profesores que se encargan da ensinanza presencial.
- Enxeñeiros de vehículos alternativos. Un bo exemplo é o vehículo eléctrico. Pero virán máis. Temos que buscar alternativas sostibles ao transporte actual.
- Xestor de datos persoais. Alguén que poida botarnos unha man para garantir a nosa privacidade na rede. Necesitaranse estudos de dereito e enxeñaría informática.
- Xestores de marca persoal. Xa vos dixemos en moitos posts que todos somos marcas e que temos que coidar o noso perfil profesional na rede. Ademais de xestores de comunicación de empresas, haberá xestores de comunicación de persoas.
Fonte: todointeresante.com.



Pingback: Cualidades para ser un bo Community Manager - Xente Dixital