10 tendencias en redes sociais para este verán

socialmedia_lorenafdezblog

Infografía lorenafdezblog.com

Os que nos adicamos a crear contidos para internet sabemos que no verán é moi probable que descendan o número de visitas aos sitios para os que escribimos. Que temos que adaptar os contidos á época do ano. Pero isto non quere dicir que nos conectemos menos: somos incapaces de desfrutar das vacacións sen compartilo en redes sociais. Que se vai levar en social media este verán?

  1. Vine. Sodes usuarios de Vine? É a app desenvolvida por Twitter para crear e compartir vídeos curtos. A introdución dos vídeos en Instagram parecía que podía perxudicala pero cada vez son máis os usuarios e as marcas que a usan.
  2. Os weareables. As marcas están a anunciar cada vez máis este tipo de dispositivos. Seguro que este verán comezamos a ver xente consultando o seu correo electrónico ou as mensaxes de Facebook nun reloxo ou nunha pulseira.
  3. Localización. Nearby Friends (amigos preto) é a proba da importancia que lle da Facebook aos servizos de localización. Por outra banda, están a xurdir aplicacións que entran en competencia directa con Foursquare, a rede social de xeolocalización máis popular.
  4. Os vídeos de Instagram. No timeline de Instagram aparecen cada día máis vídeos. Son vídeos que poden ser máis longos que en Vine e que podemos compartir facilmente noutras redes sociais como Facebook ou Twitter.
  5. Hashtags. Primeiro foi en Twitter, despois en Facebook e agora en Google+. Incluso os empregamos nas conversas en Whatsapp. É unha boa maneira de compartir e buscar contidos.
  6. Buscas sociais. Facebook e Google+, por exemplo, dan moita importancia ás buscas sociais. A través dos hashtags ou das listas de intereses, podemos atopar contidos relacionados cos nosos intereses con facilidade.
  7. Publicidade nativa. Publicidade adaptada ás plataformas sociais, aliñada cos contidos que consumimos e cos intereses de cada usuario. É a mellor maneira de conseguir clics nas actualizacións ou anuncios.
  8. Contido lifestyle. Ou marketing de contidos… Anglicismos que significan que as marcas están a darse conta de que a mellor maneira de captar clientes na rede é ofrecerlles contido de interese, máis alá dos seus produtos e servizos.
  9. Mellor deseño móbil. As páxinas web adaptadas aos dispositivos móbiles son obrigatorias. Cada vez conectámonos máis a través dos dispositivos móbiles. Se non o temos en conta seremos invisibles para unha porcentaxe importante de usuarios.
  10. Os influencers. Hai usuarios cunha comunidade importante de seguidores en Facebook, Twitter…, que, ademais de compartir contidos relacionados co seu ámbito de traballo, invitan a mercar os produtos das marcas que os contratan. Molesto pero efectivo.

Fonte: lorenafdezblog.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.