3 apps para disfrazarse

Existen as apps para comunicarnos con amigos e familiares, para axudarnos na organización e xestión do noso traballo, para editar e compartir fotos e vídeos…, e para disfrazarse. O Entroido está arrancando e en Xente Dixital descargamos 3 aplicacións para axudarvos a escoller un disfraz.

Ideas para disfraces

App Entroido1

App para Android que ofrece unha importante variedade de ideas de disfraces para adultos e nenos, para o Entroido, e incluso ideas para disfraces caseiros. Aínda non sabedes de que vos ides disfrazar?

Foto disfraz

app entroido 2

Ademais de darnos ideas, esta aplicación permítenos disfrazarnos sen saír do móbil. Tendes que facer unha foto ou escoller unha das da galería e despois facer a montaxe escollendo unha das moitas plantillas da app. Dispoñemos de máis de 200 estilos distintos clasificados por categorías: infantís, personaxes de cine, máscaras, etc.

Vestir personaxes

app Entroido 3

Os usuarios de iOS poden descargar esta divertida app infantil. O obxectivo é aprender e divertirse mentres se disfraza ás personaxes (princesas, bruxas, fadas, vampiros, etc.) cunha chea de prendas e accesorios diferentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.