3 apps saudables

apps saude

Esta semana, Javier Álvarez Osuna (CTO de Imaxdi), dicíanos que “debemos dispoñer de ferramentas que nos permitan controlar a nosa saúde”. Esas ferramentas comezan a chegar ás nosas mans en forma de aplicacións para os dispositivos móbiles. Achegámonos a 3 das máis populares, dispoñibles para Android e iOS:

QuitNow!

quitnow2

Aplicación que lle bota unha man aos que queiran deixar de fumar. Danos información dos días que levamos sen fumar, dos cartos e do tempo aforrados, información de saúde, etc. Imos superando fitos que nos dan a motivación necesaria para seguir adiante: “5 cigarros non fumados”, “deixache de fumar 20 cigarros”, “unha semana sen fumar”, etc. Podemos compartir os logros nas redes sociais.

Runtastic

Correr é un dos deportes máis baratos e saudables. Runtastic axúdanos a controlar distancia, tempo, velocidade, calorías consumidas, ritmo, etc. Incluso podemos recibir esa información a través dos auriculares do noso smartphone. Na páxina web podemos ver a evolución dos nosos entrenamentos, marcar novos obxectivos, etc.

Runtastic Heart Rate

runtasticheartrate

Permítenos revisar o noso ritmo cardíaco antes ou despois de facer exercicio, ou xusto antes dunha xuntanza importante. A aplicación mide o noso pulso a través do sensor da cámara do smartphone. A propia app advírtenos de que non é un produto médico polo que non está indicada para controlar algúns problemas de saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.