3 exemplos de cloud computing

Rematamos a semana na que escribimos sobre cloud computing poñendo algúns exemplos ilustrativos de empresas e servizos que empregan solucións baseadas na nube. Na web de Intel podedes botar un ollo ao futuro das tecnoloxías da información e da comunicación.

Un restaurante na nube

Macayo Mexican Kitchen

Lee Schnoor é Director de TI do Restaurante Macayo’s Mexican Kitchen (EE.UU). Na súa nube teñen servidores empresariais para cada restaurante, servidores nos almacéns de cada un deles e no centro de datos das oficinas centrais. O persoal emprega a nube para todas as operacións: inventario, xestión de persoal, correo electrónico, etc. Permite que a información estea dispoñible para que os empregados dos restaurantes e das oficinas poidan facer rápidos axustes nos menús, persoal e inventarios.

A nube para prognosticar necesidades enerxéticas

Universidad Tejas

Paul Navratil é investigador do Centro TACC (centro de informática avanzada) da Universidade de Tejas. Traballan con superordenadores capaces de procesar grandes cantidades de datos. Un dos proxectos nos que traballan é o proxecto Pecan Street; recopilan datos de uso de electricidade, auga e gas, e datos de xeración de enerxía solar de máis de 200 fogares, colexos, pequenas empresas e edificios comerciais. Un gran número de dispositivos e sensores controlan o uso enerxético dos edificios e envíanos ao TACC.

O exemplo de Expedient

Expedient

Alex Rodríguez traballa en Expedient Communications. Cómpre estar atentos ao seu traballo porque están a deseñar a próxima xeración de servizos na nube. Ofrecen cloud computing, servizos xestionados e conectividade de redes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.