3 servizos que descoñecías da Xunta

Queres probar cousas novas estas vacacións? Pois aquí che deixamos tres servizos que a Xunta pon á túa disposición para poder estar ao día en materia tecnolóxica.

1.- Consulta a cobertura do plan de Banda Larga
Queres saber se a túa aldea ou a adea de teus pais / avós / amigos ten acceso á banda larga? Interesache porque vas de vacacións a ese pobo?
Pois consulta a cobertura da banda ampla en toda Galicia con esta aplicación. Selecciona provincia, concello e parroquia, para ver dende cando hai cobertura (se a hai) e a empresa que ofrece o servizo.

2.- Tradutor automático
Precisas traducir un texto? proba o tradutor da xunta e traduce texto ou páxinas web.
O propio tradutor ofréceche a posibilidade de inserir nunha web o código html para poder ter o tradutor no teu propio sitio web (coas seguintes posibilidades: castelan-galego, galego-castelán, inglés-galego, galego-inglés).
O tradutor usa a tecnoloxía de Translendium, e ofrece tradución en duplo sentido para moitas linguas coma o galego (por descontado!), castelán, inglés, catalán e francés.
Especialmente recomendable para as traducións de / a galego!

3.- Catálogo de Estradas
No ano 2003 iniciáronse os traballos destinados á obtención de datos xeométricos e de equipamento para o inventario da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA). E como un dos resultados do inventario creouse o “Catálogo Visual de Estradas”, accesible desde esta páxina web http://www.cmati.xunta.es/catalogo-de-estradas para calquera persoa. A través deste Catálogo accédese á imaxe visual do condutor e aos datos xeométricos máis significativos de calquera punto quilométrico que conforma RAEGA. Tamén se pode realizar o percorrido visual ao longo da estrada que se seleccione avanzando ou retrocedendo segundo se necesite.

Coñecías estes servizos? Coñeces algún máis do que queres que falemos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.