Mañá no CDTIC: como compartir arquivos na nube de forma segura

A Amtega e a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN) organizan mañá a quinta xornada do Programa de Formación en Software Libre para o Terceiro Sector. O seminario leva por título: “OwnCloud: Arquiva e comparte na nube os teus documentos para acción social”. A cita, entre as 17:00 e as 20:30 no Centro Demostrador TIC.

O seminario vai sobre Owncloud, unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube. Trátase dunha alternativa libre a outras privadas como Dropbox ou Google Drive.

Durante a xornada atenderanse as necesidades específicas do terceiro sector; a xestión da información na contorna lexislativa, a protección de datos e as solucións que ofrece Owncloud. A actividade está especialmente deseñada para responsables, persoal e persoas voluntarias pertencentes a asociacións ou entidades do terceiro sector.

Se estades interesados, só tedes que inscribirvos na web do CDTIC; a asistencia é de balde. Na mesma web podedes consultar as datas dos vindeiros cursos do ciclo de actividades formativas para o terceiro sector: ferramentas para participación cidadá, xestión e captación de donacións, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.