Agora que xa sabedes porque debedes crear infografías, recomendámosvos 3 aplicacións que vos van axudar a acadar un resultado moi atractivo dunha maneira sinxela.
easelly
Podedes crear unha infografía dende cero ou usar algunha das moitas plantillas que ofrecen. Trátase de xogar cos distintos elementos de cada plantilla e de introducir o texto que queirades. A conta free permítevos usar 60 imaxes libres e 10 tipografías distintas. A pro ofrécenos máis de 1.000 imaxes e de 50 tipografías entre as que escoller. Con esta conta tamén tedes acceso a plantillas cun deseño máis profesional.
infogr.am
Coñecedes o concepto de “ferramenta freemium”? Para desfrutar de todas as funcionalidades e deseños da aplicación temos que optar pola opción de pago. Antes podedes probar coa conta gratuíta coa que podemos escoller entre 30 diagramas distintos.
Piktochart
“Máis de 400 plantillas, iconas e gráficos e personalización ilimitada”. É outra aplicación que vos vai permitir crear unha infografía con facilidade. Escollede a plantilla, editade cada elemento (textos, tipo e tamaño de letra, gráficos, fondo, etc.) e compartide a infografía con todos os vosos seguidores.
Con cal vos quedades? Que ferramenta para crear infografías nos recomendades?



