Queredes saber cales son os produtos Galicia Calidade? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación oficial de Galicia Calidade con información actualizada sobre as empresas que contan con produtos amparados polo selo de calidade autonómico da Xunta de Galicia.
Podedes obter información sobre o selo Galicia Calidade e acceder ás fichas de empresa nas que atoparedes toda a información que necesitades:
- Imaxe e descrición da empresa.
- Listado de produtos e servizos certificados pola marca de garantía.
- Teléfono.
- Páxina web.
- Redes sociais.
- Localización e información de como chegar co navegador do teléfono.
- Tenda en liña.
Por outra banda poderedes enterarvos das últimas novidades de Galicia Calidade: actividades de promoción, novas incorporacións, etc.
Galiciacalidade.gal
Galicia Calidade acaba de estrear páxina web na que consultar toda a información dispoñible sobre as empresas asociadas ou ler as últimas novas do sector. Tamén podemos acceder á tenda en liña na que mercar os produtos co selo Galicia Calidade: conservas, carnes, vexetais, froitas, produtos frescos, viños… Paga a pena a visita.



Pingback: Aplicaciones móviles pensadas para asociaciones, agrupaciones de empresas y SmartCity