Despois de falarvos sobre portátiles, tablets, ebooks…, hoxe dámosvos 4 ideas de regalos tecnolóxicos orixinais para este Nadal. Garantizamos sorpresa e aforro.
Luvas para pantallas táctiles
Funcionan. Nós xa os probamos. Por menos de 13 € podemos deixar de pasar frío cando necesitemos empregar o móbil ou a tablet. As puntas dos dedos levan fíos condutores que levan impulsos eléctricos dende os dedos ata a pantalla. Poderedes mandar unha mensaxe, navegar pola rede, xogar, etc.
Escáner de negativos para smartphones
Todos temos na casa negativos que non sabemos que conteñen e que, probablemente, nunca revelariamos. Cando vos chegue o escáner acendede a luz traseira, insertade o negativo e facede unha foto coa cámara do smartphone. É unha maneira sinxela de dixitalizar, editar e compartir fotos feitas con cámaras analóxicas. O prezo: 59 €.
Cargador portátil
Cun smartphone podemos chamar, chatear, conectarnos á rede, xogar e ata empregalo como lanterna. A cambio, é habitual que nos quedemos sen batería cando máis o necesitamos. Por 34 € podemos levar con nós este pequeno cargador portátil para cargar o móbil, a tablet, incluso unha cámara de fotos, sen necesidade de enchufes.
Lámpada USB
Sinxelo, orixinal e útil. Pensado para iluminar o espazo de traballo no portátil, conéctase e aliméntase vía USB e conta cun brazo articulado para movelo onde prefiramos. Regalo por menos de 13€.





