As 5 apps máis orixinais do MWC

)

Xa sabedes que nos encantan as aplicacións móbiles. Non podiamos rematar a semana na que estamos a falar do Mobile World Congress sen falarvos das apps presentadas que máis nos chamaron a atención.

Newscron. É algo así como un Spotify de actualidade. Podemos escoller se queremos ver as novas segundo a temática: cultura, deportes, internacional, etc., ou o xornal. Está dispoñible en inglés, francés, italiano, alemán e español. Entre outras vantaxes, a aplicación valora que medio de comunicación ten a nova de máis calidade: se ten máis información, se ten fotos…

Xooloo App Kids. App para compartir o móbil cos máis pequenos. Chega con darlle a un botón para que a interface cambie e só estean dispoñibles as aplicacións que nós escollamos. Pódese programar ademais o tempo de uso para que chegada a hora límite, o neno xa non teña acceso ás apps.

Lol lok. Xa non é necesario saír da pantalla de bloqueo para recibir mensaxes de familiares e amigos. Co dispositivo bloqueado, podemos debuxar sobre a pantalla e facer clic en enviar a un grupo de persoas que creamos previamente; a “mensaxe” aparecerá sobre as pantallas de bloqueo de todos os membros do grupo.

camMe

Cam Me. Continúa a febre dos selfies. Con levantar o brazo e pechar a man, a app entende que queremos facer unha foto; poucos segundos despois, a cámara dispárase. Tamén podemos facer 3 fotos seguidas que se presentan a modo de fotomatón.

Liopa. Aínda non está no mercado pero pode que pronto apareza pola Apple Store ou pola Google Play Store. Fartos de lembrar varios códigos numéricos distintos? Con esta aplicación actívase a cámara e amósanse 5 números que debemos ler; o móbil identifícanos polo movemento dos labios.

Fonte: El País Tecnología.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.