5 consellos para aforrar na factura do móbil

facturaXD

Máis alá da operadora e da tarifa que teñades contratada, en Xente Dixital queremos darvos algúns consellos básicos para reducir o gasto en teléfono móbil. Sabedes cantos minutos ao mes consumides? Xa non usades o teléfono fixo?

1. Estudar a factura. O primeiro paso é coñecer o consumo de móbil que facemos. Na web ou por teléfono, é doado saber cantos minutos consumimos ao mes e se contratamos a tarifa que mellor se adapta ás nosas necesidades. Falades moito tempo por teléfono ou preferides unha tarifa con poucos minutos pero que vos permita conectarvos á rede a miúdo e descargar documentos, imaxes e vídeos todos os días?

Se sodes socios da OCU podedes acceder a un comparador de tarifas que vos vai axudar a escoller a oferta máis axeitada.

2. Recuperar o teléfono fixo. Revisade a factura do móbil, contade número de chamadas a teléfonos fixos e facede un cálculo do custo. Se tendes contratada unha liña ADSL é moi probable que dispoñades de chamadas gratuítas a calquera fixo en España; é cuestión de concienciarse e modificar lixeiramente as nosas rutinas.

3. ADSL, móbil e fixo. Xa vimos que os packs de móbil, fixo e ADSL están a revolucionar o mercado de telefonía móbil e Internet en España. Perderedes máis dunha hora ao teléfono ou na tenda pero hoxe podedes pagar por todo o antes pagabades só polo teléfono móbil.

4. Smartphones low cost. Non é difícil conseguir unha boa tarifa de teléfono móbil. O problema é que moitos de vós tendes que sumar a cuota do voso smartphone. Por sorte estanse a popularizar os smartphone low cost; sabiades que podedes mercar un teléfono galego de última xeración e a un prezo moi competitivo?

skype

5. Servizos VOIP. VOIP son as siglas en inglés de Voice over Internet Protocol. Seguro que moitos de vós empregastes algunha vez Skype ou algunha app como Viber para falar con amigos ou familia. Remataremos a semana deténdonos nalgúns exemplos de servizos VOIP e repasando a lista de vantaxes e desvantaxes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.