María José Sánchez dános en PuroMarketing algúns consellos para mellorar a nosa marca persoal en internet. Empezade por unha lista de obxectivos e ide pensando que contidos ides crear para o voso blog e para compartir en redes sociais.
- Cuestión de principios. Produtos, servizos, relacións comerciais…, e principios. Os valores asociados á marca persoal teñen que estar presentes en cada actualización. Convén que te mostres como eres e incluso que te equivoques; non hai que esquecerse de pedir desculpas pero a honestidade é unha das claves para resultar cribles.
- Crea a túa propia identidade. Unha cousa é que os nosos valores estean presentes e outra que resaltemos a información que máis nos interese. Trátase de escoller que información compartir, que linguaxe empregar, de coidar a imaxe, etc.
- Participa en redes sociais. Sempre vos recomendamos pensar onde e como queremos estar presentes, escoller as redes sociais nas que comunicar en función dos vosos intereses. Estar presente nunha rede social que non actualizamos non só non nos beneficia senón que nos perxudica. Convén estar en Twitter para conversar cos nosos seguidores, en Google + para o posicionamento ou en Linkedin para estar en contacto con profesionais do noso sector.
- Crea un blog persoal. Coida a imaxe e os contidos que creas ou compartes. Actualízao con frecuencia e facilita o acceso aos teus perfís de redes sociais. O blog é unha das ferramentas máis efectivas de comunicación na rede; comunicamos, conversamos, escoitamos, corriximos e melloramos.
- Marketing de atracción. Ou inbound marketing, en inglés, consiste en atraer ao público obxectivo a través da creación de contido de interese. Ou dito doutra maneira: non podemos promocionar unicamente produtos ou servizos, temos que compartir información relacionada interesante para contar cunha comunidade de seguidores crecente.
- Reputación online. Consecuencia do traballo feito nos puntos anteriores. Compartir contidos interesantes en medios sociais, de forma constante e durante moito tempo é igual a visibilidade na rede e mellora da reputación online.
- Controla o traballo que fas na rede. Seguro que algunha vez oístes falar da “monitorización de resultados”: as estatísticas de Facebook, as que nos ofrecen xestores de redes sociais como Hootsuite ou Tweetdeck, ou aplicacións como Klout ou Socialmention… É fundamental que saibamos se interesa o que compartimos ou que contido resulta máis atractivo.



Linda informacion, gracias por compartir tu excelente punto de vista con nosotros, creo que te visitare mas seguido, me parecio muy buena la informacion.
Muy bueno el artículo 🙂