A aplicación do mes | Apple e Android Pay, as plataformas de pago que veñen

androidpay

Google vén de anunciar o lanzamento da súa plataforma de pagos móbiles Android Pay nos Estados Unidos. Android Pay sustituirá a Google Wallet que pasará a ser unha aplicación para o envío de diñeiro entre particulares. Apple Pay xa leva un tempo funcionando nos Estados Unidos pero non temos data da implantación en España de ningunha das dúas plataformas. Unha pista: Apple Pay chegaba en xuño ao Reino Unido permitindo pagos en establecementos de multinacionais como MacDonalds, Lidl ou Starbucks ou no transporte público británico.

Android Pay usará conectividade NFC para operacións en puntos de pago contactless permitindo o uso das nosas tarxetas de crédito dende o smartphone. Poderemos facer compras, gardar tarxetas de regalo, de fidelización e outras ofertas especiais. Soportará tarxetas de crédito e débito de American Express, Discover, MasterCard e Visa.

Apple Pay

applepayEn xuño Apple Pay saltaba dende os Estados Unidos ata o Reino Unido. Pero en España aínda non podemos facer pagos a través do iPhone, o iPad ou o Apple Watch con Apple Pay aínda que é un dos países con máis TPV contactless. En realidade si que podemos usar Apple Pay pero necesitariamos unha conta nun banco americano ou británico que teña un acordo con Apple para o uso do seu sistema de pago.

Que vos parecen os sistemas de pago móbiles? Cambiariades o uso das tarxetas polo pago a través do voso teléfono?

Fonte: ticbeat.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.